CEA-FESTA SOLIDARIA ONG LENA |
|
O venres día 13 de xuño, no CPI do Feal (Narón), faremos unha CEA-FESTA SOLIDARIA para recadar fondos para o proxecto de desenvolvemento co que estamos a colaborar en Lençois (Bahía-Brasil). Tes dúas opcións de participación:
Os bonos-entrada poderás recollelos no local de LENA (Praza de Galicia – Casa da Cultura, 2º andar) os martes e xoves de 19:00 a 21:00 horas, ou a través de calquera membro da Directiva. A data límite para confirmar a túa asistencia á cea será o mércores día 11 de xuño. Para calquera dúbida ou consulta podes poñerte en contacto con nós telefonicamente ou mediante o correo electrónico. 981397005 – 626165174 Esta será a cuarta edición, e esperamos acadar máis participación que nas anteriores. NON FALTES , invita aos teus amigos, familiares.... |
O venres 13 de xuño, realizamos a cuarta edición da Cea-Solidaria ONG Lena, que vimos realizando ano tras ano, para apoiar o proxecto de desenvolvemento co que colaboramos en Lençois (Bahía-Brasil). Foi un éxito de asistencia. Máis de 170 persoas asistiron á cea, aínda que a festa este ano estivo un pouco menos animada. Durante a cea sorteáronse un montón de agasallos cedidos por: Xoeiría Fidalgo e Duende do Centro Comercial Narón, Bar O Cruce (Castro), Catering Caranza e a Coca-Cola. O noso agradecemento pola súa colaboración. Houbo representación de moitos sectores: concelleiras e concelleiros de Narón, e Neda, profesoras do CPI do Feal, xóvenes de Alxibeira, nais e pais dos mozos de Alxibeira, integrantes da comisión de festas de Castro, da Sociedade Cultural Areosa, das Asociacións de Veciños de San Xiao e Xuvia, socias e socios...... familiares e amigos....... moitas grazas a todas e a todos por facer posible este acto solidario que axudará a mellorar as condicións de vida de moitos rapaces e rapazas. |
![]() |