Cea e Festa Solidaria

O pasado sábado, día 9 de xuño, no CPI do Feal (Narón), celebramos a 3ª edición da cea-festa solidaria ONG LENA para recaudar fondos para o proxecto que estamos a financiar en Lençois en colaboración coa ONG Graos de Luz e Griô.

O balance foi moi positivo. Asistiron un total de 176 persoas á cea, e máis de 100 participaron na festa que se fixo a continuación.

Houbo baile, música e divertimento para todos e todas.

Agradecemos a todas aquelas persoas que coa súa presencia fixeron posible o éxito acadado. E tamén, como non, un especial agradecemento a aquelas outras que colaboraron estreitamente coa directiva na organización dos actos.

Fotos na seguinte Ligazón