CHURRASCADA - REPICHOCA

SOLIDARIA

 

 

O sabado día 25 de outubro, no CPI do Feal (Narón), faremos unha CHURRASCADA - REPICHOCA SOLIDARIA para recadar fondos para que un grupo de persoas da asociación Grãos de Luz e Griô poida viaxar o vindeiro mes de xullo a Narón, para participar no Festival Internacional de Folclore.

Os bonos-entrada poderás recollelos no local de LENA (Praza de Galicia – Casa da Cultura, 2º andar) os martes e xoves de 19:00 a 21:00 horas, ou a través de calquera membro da Directiva.

A data límite para confirmar a túa asistencia será o mércores día 22 de outubro.

Para calquera dúbida ou consulta podes poñerte en contacto con nós telefonicamente ou mediante o correo electrónico.

981397005 – 626165174

NON FALTES, invita aos teus amigos, familiares....

 

Se non podes asistir e queres colaborar, podes facelo a través da nosa conta bancaria:

2091-0235-51-3040001240