LOTERIA DE NADAL

06728

 

CHURRASCADA - REPICHOCA

SOLIDARIA

SABADO 25 DE OUTUBRO DE 2008

AS 19:00 HORAS

NO C.P.I. O FEAL

 

4ª XORNADA DE XOGOS SOLIDARIOS

Máis de 400 persoas dos distintos lugares de Narón e da comarca participaron na 4ª edición dos xogos solidarios que realizamos o pasado sábado día 27 de setembro.

Tanto o obradoiro de xogos e xoguetes coma a actividade de tiro con arco, que estivo en todo momento atendida por integrantes da Asociación de Tiro con Arco de Narón, tiveron moita aceptación.

A corda, o brilé, zancos, aros, chapas, tiro de corda, futbolín ….. mantivéronnos xogando durante máis de tres horas.

Ao remate, repartimos camisetas co logo da ONG LENA e do Padroado de Deportes do Concello, que colaborou na organización dos xogos.

Un agradecemento a todos aqueles que coa vosa asistencia fixestes posible esta xornada e moi especialmente aos voluntarios e voluntarias que participaron na organización.