CERTAME INTERCENTROS CONCELLO DE NARÓN

No Certame Intercentros, que se celebra anualmente, participan todos centro públicos do concello, co fin de impulsar o uso do idioma galego entre os escolares, fomentando tamén a nosa cultura e realidade.

Nesta edición o certame abriu un novo apartado co que se pretende mostrar outras realidades existentes en países menos desenvolvidos para promover un intercambio solidario entre os escolares de Narón e os doutros países.

Este ano o país invitado foi Brasil, contando coa participación de escolares de Lençois, que coordinamos dende a ONG LENA.

Recibimos traballos dos escolares de Lençois que partiparon con murais, contos e narrativa, e que estiveron expostos no centro comercial Odeón durante o mes de maio. Podes ver fotografías da exposición no seguinte ligazón.