|
Como xa sabedes, a ONG LENA nace no ano 2006 como unha organización non gobernamental, sen ánimo de lucro e laica, que ten como obxectivo principal colaborar no proxecto educativo que a ONG Graos de Luz e Griô promove na cidade de Lençois-Bahía (Brasil). Este proxecto xurde despois dun encontro entre un grupo de persoas de Narón con educadores/as, nenos/as e adolescentes da ONG Graos de Luz e Griô. O noso fin prioritario é contribuír na educación destes nenos/as e adolescentes con necesidades severas, co fin de ofrecerlles una perspectiva de futuro, impulsando cambios importantes na erradicación da inxustiza e desigualdade. O “proxecto dos xoves cooperativistas” que financiamos, está coordinado pola asociación Graos de Luz e Griô. A súa finalidade é crear unha rede de economía solidaria, preservando o patrimonio histórico e cultural do municipio de Lençois e rexión. Son distintos obradoiros onde os xoves aprenden e producen diversos materias, basicamente culturais:
Obradoiro de música e danza: Recuperación e aprendizaxe de cantos e danzas. No ano 2007 participaron en diversos festivais. Obradoiro de retallos: Elaboran diferentes artigos con telas (bolsas, panos, marionetas, libros de historias...) con motivos relacionados coas tradicións locais, recibindo pedidos de empresas que traballan no sector turístico da rexión. Obradoiro de papel reciclado: O sector turístico é tamén o seu maior cliente. Ademais participan en seminarios sobre cooperativismo para xoves doutras rexións, explicando a súa experiencia. Obradoiro de barro e pedra. Turismo de Base Comunitaria: Realizan rutas a pé polo parque natural da Chapada Diamantina, achegando aos visitantes ás súas tradicións. No mes de setembro realizaron un “camiñada” con voluntarios doutras ONGs chegados de diferentes partes do mundo. Obradoiro de Artes Gráficas: Son os encargados de deseñar e producir a imaxe corporativa de Graos de Luz. Departamento Financeiro: Ocúpase da xestión económica da cooperativa.
Son 25 xoves e 5 mestres, desenvolvendo habilidades artesanais e producindo bens e servicios culturais que dialogan coa tradición oral e a economía solidaria. A ONG LENA finánciase coas contribucións de socias e socios (na actualidade somos cen); as distintas actividades organizadas desde a asociación, algunhas delas xa consolidadas: festival solidario celebrado no Auditorio, a cena anual no CPI do Feal, a participación no Certame Intercentros, etc.; e con subvencións de institucións e organismos públicos e privados.
De seguido detallamos o balance económico do ano 2007.
BALANCE DE SITUACIÓN A 31-12-2007
PERDAS E GANANCIAS 2007
|