|
O proxecto “Na Trilha Graos de Luz e Griô” será coordinado pola asociación Graos de Luz e Griô, de Lençois, Bahía, en colaboración coa Asociación LENA (Lençois-Narón) e ten como finalidade crear unha rede de economía solidaria e a preservación do patrimonio histórico e cultural do municipio de Lençois e rexión, contribuindo para interrumpir o cilclo de pobreza, a través da auto-xestión que canaliza a participación, liderazgo e enerxía da xuventude afrodescendente, tendo como estratexia principal a valoración da tradición oral. O proxecto funcionará no periodo de febreiro a decembro de 2006 e 2007, con un total de 20 horas semanais, unha media de 720 horas anuais. Persoas participantes• 20 adolescentes de 16 a 24 anos, maioría afrodescendentes do sexo femenino, renda per cápita familiar de 10€ a 50€ mensuais. • 15 Griôs e Mestres de tradición oral local, maioría afrodescendentes Obxetivo xeralCrear unha rede de economía solidaria e preservación do patrimonio histórico e cultural do municipio e rexión, contribuindo para interrumpir o ciclo da pobreza, a través da autoxestión que canaliza a participación, liderazgo e enerxía da xuventude afrodescendente, tendo como estratexia principal a valoración da tradición oral. Obxetivos específicos• Facilitar o desenvolvemento da identidade dos mozos e Griôs, a través da valorización da tradición oral e a experiencia intensa de principios de convivencia e de producción ecolóxica e cultural. • Cualificar e valorizar os mozos como Griôs (*) –camiñantes e contadores de historias en “camiños” de educación ambiental e cultural que revelan a tradición oral local e rexional. • Crear unha cooperativa modelo de xoves guías, cantadores e artesanos Griôs, integrada á escola e a empresas de eco-turismo e economía solidaria nacional e internacional. • Lanzar nos medios de comunicación e no mercado de economía solidaria productos educativos-culturais para o incluinte no municipio e na rexión. (*) No noroeste de África os Griôs (Griots) son contadores de historias que camiñan de aldea en aldea aprendendo e ensinando a cultura da rexión. Son tamén investigadores, xenealoxistas, cantadores e/ou poetas. Eles poden aprender con os Domas (mestres) a ser Griôs Reis, que teñen un compromiso con a verdade e con a educación para a Vida. O Vello Griô, do Graos de Luz e Griô, é un educador aprendiz, alegre e afectivo, que canta e conta historias da cultura lençoense, inspirado na tradición oral das raíces afro-indíxenas, en “rodas” de vivencias, músicas e danzas que sensibilizan e integran a escola na comunidade. Cando o Griô conta e canta, as persoas se recoñecen, porque el fala dos avós, bisavós que relacionan a historia e a vida de aquel pobo, as súas loitas e glorias. O Graos de Luz e Grió trouxo das rexións interiores de África para as rexións interiores de Bahía o Griô, que chega camiñando de sorpresa en cada comunidade e escola, reverenciado aos vellos e construindo a roda de nenos e adolescentes, envolvendo nais, pais, avós, educadores e merendeiras (cociñeiras escolares). XustificaciónA cidade de Lençois está situada a 410 Km da cidade de Salvador (Bahía), con unha poboación de aproximadamente 9.000 habitantes, localizada na Chapada Diamantina, no Alto da Conca Hidrográfica do Paraguaçu, un dos principais do estado. Posee un ecosistema moi rico en términos de biodiversidade e de elementos minerais, con a existencia de especies únicas en todo o mundo. Todas estas características xustificaron a creación, en setembro de 1985, do Parque Nacional da Chapada Diamantina, que está considerado unha das maiores reservas ambientales do Brasil. Elexida como Patrimonio Histórico Nacional desde 1974, a cidade de Lençois tivo como base da súa economía, ata a década dos 80, a extracción do diamante. A escasez de diamantes iniciouse a mediados do século, estalando unha crise económica e social que se intensificou con o peche legal da actividade mineira. Actualmente, os investimentos son dirixidos cara as grandes e medianas empresas e empresarios turísticos, con diversas rutas na exuberante natureza local que non inclue a historia e a cultura de Lençois, promovendo un desenvolvemento económico e cultural excluente, principalmente en relación ás comunidades rurais, ailladas xeográficamente (inclusive por factores climáticos e falta de transporte), con poboación de maioría negra. A transformación económica vivida en Lençois, fixo desaparecer a personaxe central da actividade da minería (garimpeiros –mineiros- e quilombos –escravos que protagonizaron a primeira revolta contra a escravitude-), conxuntamente con toda a cultura que a sociedade producía e reproducía no seu día a día, como as tecedeiras e a súa artesanía, as nais e pais espirituais e os seus rituais, as/os bailarins e a samba de roda, as lavandeiras e as súas cantigas, as rezadeiras e curandeiros e a súa sabeduría. Aínda está en construcción unha acción colectiva entre os empresarios, poder público e a poboación local para resolver problemas relacionados co esquecimento da historia, a perda da autoestima da poboación de baixa renda e dos educadores e o conflicto cultural entre as xeracións. En menos de 10 anos, Lençóis viviu o silencio de máis de 30 grupos culturais. Hoxe, por tanto, no municipio de Lençois é urxente que se realice un proceso economicamente máis xusto, que valorice a cultura e tradicións locais e beneficie prioritariamente á comunidade, envolvendo a actividade número un da cidade: o turismo. É, por tanto, para vencer este desafío que o Graos de Luz e Griô creou o proxecto “Na Trilha Graos de Luz e Griô”, en cooperación con o BID Monumenta, Unesco, Ministerio da Cultura e Ministerio de Traballo. O Proxecto “Trilha Griô”, realizará unha marcha de Griôs para a movilización de 500 mozos e mozas, sendo 20 deles seleccionados, e recibirán bolsas de 50€ mensuais para formación nos obradoiros que fortalecerán tanto a tradición dos Griôs e artesans, coma unha riqueza cultural e econômica rexional. Os mozos e mozas seleccionados serán prioritariamente do sexo feminino e afro-descendentes e o proxecto canalizará a enerxía, participación e liderazgo da xuventude para a autoxestión dunha cooperativa e a construcción dunha rede de economía solidaria e de preservación do patrimonio histórico e cultural. A rede abranguerá entidades dos tres sectores do municipio e da rexión, asi como aos medios de comunicación para a creación de novas políticas públicas relacionadas cos obxectivos do proxecto. Metodoloxía da formación de xoves griôsA metodoloxía ten as súas referencias na Pedagoxía Griô, sistematizada polo propio Graos de Luz e Griô, a partir de referencias da educación Paulo Freire, Educación Biocéntrica, Educación afro-brasileira, Arte educación e a Educación de tradición oral dos Griôs e Domas do noroeste de África. O foco central da metodoloxía é a evolución da identidade e da vida. Neste sentido os xoves, griôs e mestres que participen neste proxecto estarán escribindo a súa historia de vida ao mesmo tempo en que teñen a oportunidade de producir novos coñecementos, habilidades e oportunidades económicas, educativas e culturais para o seu municipio e rexión. Partimos da metodoloxía dun tema xerador anual: Tradición oral e Cidadanía, promovendo a creación e vivencia de “trilhas” (camiños….) educativos e culturais que son rexistradas en papel, cosidas, cantadas, filmadas, fotografiadas e comunicadas a través dunha estética que denuncia o encontro entre o xove e o vello, a tradición e a modernidade. A continuación mostramos nun esquema e nunha tabla que sistematiza o fluxo de informacións que serán investigadas e integradas na metodoloxía da formación dos xoves. Contido programático das trilhas griôs de educación e cultura
• Os temas e palabras xeradoras veñen do concepto de Paulo Freire e son seleccionadas en rodas de diálogo multisectorial e interxeracional; • Os mitos seleccionados teñen relación coa cultura mestiza local, así como das culturas indíxenas e africanas que foron olvidadas na educación brasileira; arquetipos e heroes son seleccionados de acordo cos mitos e palabras xeradoras escollidas; • As historias de vida dan preferencia a Griôs e Mestres de Tradición Oral local, africanos e descendentes, que participaran en episodios da historia do Brasil e do mundo, citados no currículo de educación afro; • Os rituais e músicas obedecen a unha liña de vivencia reguladora e integradora do grupo con músicas e danzas recuperadas na cultura local e na producción musical nacional e internacional, prioritariamente con influencias africanas e afro-brasileiras; • As oficinas de arte e artesanía recuperan e expresan a beleza da cultura afro-brasileira, transformándose tamén nun espacio de vivencia da Trilha; • As accións de participación cidadá son creadas polo grupo de alumnos a partir do contido que están aprendendo no proxecto, transformando coas súas accións e ideas a realidade do seu barrio/comunidade; • As ciencias da vida son ciencias relacionadas cos mitos, palabras xeradoras e elementos encontrados na Trilha Griô (exemplo: xeoloxía do ambiente, ciencia das plantas, ciencia do parto natural, historia de Brasil e da África na historia dun heroe local). Cronoloxía
• Rede de Clientes de economía solidaria e economía de mercado nacional e internacional con ventas e exposicións regulares; • Memoria das manifestacións culturais do municipio; • Vivencia Cultural dos xoves (películas, exposicións, aulas espectáculos, comidas típicas); • 30 Obradoiros anuais dirixidos polos mozos e mozas en comunidades e municipios da rexión para a formación de redes; • Exposición anual. Obradoiro de papel reciclado• Cadernos e blocs de memorias vividas, kits restaurantes, kits hoteis, porta retratos reciclados, embalaxes, avisos de portas, carpetas de encontros, seminarios e outros. Todos con tarxetas impresas con imaxes producidas nos talleres do Graos de Luz e Griô. Obradoiro de retais• 50 panos con os dereitos dos nenos e do adolescente, inspirados na cultura local; • 5 colchas de retais de casado e 5 colchas de retais de solteiro; • 100 panos de Orixás, grupos culturais e diseños dos nenos. (50 cm x 35 cm); • 100 conxuntos de 3 bonecos representando grupos culturais e personaxes locais (25 cm) –mariñeiros, capoeira, lavandeira, garimpeiro, pescador, agricultor…; • 100 libros de historias; • 50 xogos de panos de mesa. Obradoiro de música y danza• 2 Cds de grupos culturais locais. • 1 Cd e aula vivencial dos Xoves cos Griôs. • 1 libro de cantigas do Griô de Todo Canto editado. Obradoiro de turismo de base comunitaria• Roteiros de 1, 2, 3 e 4 días de turismo de base comunitaria Obradoiro de comunicación: diseño, filmación e fotografía, integrada aos contidos dos demais obradoiros• 1000 folletos con divulgación do programa das “trilhas”; • 1 vídeo de divulgación das “trilhas”; • 1000 Xogos de “Trilha do Vello Griô”; • 200 camisetas, 200 gorras con deseños seleccionados do Banco de Datos das escolas e Obradoiros; • 500 tarxetas postais dos puntos da “trilha” Griô; • 1000 folletos sobre os Griôs e Mestres de Tradición Oral; • 1 catálogo impreso de todos os productos e un en Internet. Resultados esperados• 20 mozos e mozas desenvolvendo habilidades artesanais e artísticas de tradición oral; • 20 mozos e mozas identificándose persoalmente, artisticamente, afectivamente e cientificamente coas súas orixe de identidade afrobrasileiras e elevando a súa autoestima. • 20 mozos e mozas producindo bens e servizos culturais que dialogan coa tradición oral e a economía solidaria; • 20 mozos e mozas autónomos economicamente e 15 Griôs e Mestres de Tradición Oral valorados economicamente e culturalmente; • 20 mozos e mozas e 15 Griôs construidos e participando dunha rede de economía solidaria na rexión e no país Orzamento xuño 2006 - xuño 2007 para o programa de xoves griôs
|