3ª XORNADA DE XOGOS SOLIDARIOS |
|
O sábado 24 de maio dende as 16:30 horas estaremos de novo na Praza de Galicia con xogos para todas as idades. Xogos tradicionais: brilé, pano, tiro de corda, zancos, peóns, chave, aros, chapa, carreira de sacos, xogos musicais....; futbolín, baloncesto 3 x 3.... Estarán ademais a asociación de tiro con arco e unha agrupación de malabares. Haberá un obradoiro para que ti poidas construir os teus propios xoguetes. Repartiremos agasallos entre os participantes. |
O pasado sábado, despois de varios intentos de quedarnos na praza de Galicia para realizar os xogos, a climatología xogounos unha mala pasada, polo que decidimos trasladarnos ao pavillón da Mocidade na Gándara. Unha vez alí o sol brilou toda a tarde. Pero a pesar do cambio, houbo moita participación. Máis de 150 persoas inscribíronse, condición indispensable para comezar a xogar. O noso agradecemento a todas e todos os que coa vosa asistencia fixestes posible esta xornada. |