4ª XORNADA DE XOGOS SOLIDARIOS

 

O sábado 27 de setembro, a partir das 16:30 horas, estaremos de novo na Praza de Galicia con xogos para tódalas idades.

Xogos tradicionais: brilé, pano, tiro de corda, zancos, peóns, chave, aros, carreira de sacos, xogos musicais para os máis pequenos.... futbolín, baloncesto 3 x 3.

A Asociación de Tiro con Arco de Narón, que xa colaborou con nós en anteriores edicións, estará tamén na praza.

Haberá un obradoiro con diverso material, para que ti poidas construír os teus propios xoguetes e levalos pra casa.

É preciso que, antes de comezar a xogar, te inscribas na mesa que a organización terá instalada.

Ao rematar a xornada, alá polas 19:00 horas, repartiremos agasallos entre os participantes.

En caso de choiva, trasladarémonos ao Pavillón da Mocidade (fronte o colexio público da Gándara).

Non faltes.

Ven.

Trae aos teus fillos, fillas, netos, netas, amigos e amigas.

Esperámoste